Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Alzheimer

Alzheimer

De todas as enfermidades senís, da que máis se fala hoxe é da chamada Alzheimer; pero este é un nome que coñecemos recentemente, e antes, cando os vellos perdían a memoria e a razón, diciamos: “a avoíña está chocha”  ou  “o avó toleou”. Quizais o primeiro caso de Alzheimer que coñecín –aínda que non o nome- foi o de Bernabé, o home de Cipriana. Comentoullo, moi afectada, miña nai a meu pai, sendo eu mozo, mentres xantabamos.

Bernabé e Cipriana eran de Serantes e formaban unha parella curiosa: ela moi alta, el moi pequeno. Ninguén entendera o seu namoro, pero casaron noviños e quixéronse sempre. Meu pai, bromista e argalleiro, facíaos rir dicíndolles que cando estaban na cama e o corpo lles pedía guerra, Bernabé despedíase dicindo: -Dame un bico, Cipriana, que vou pra abaixo.

Leer más

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Xosé

Xosé

Hai poucos días coñécín nunha cidade galega, que non é a nosa, a unha rapaza co síndrome de Down. Os pais tiñan dous varóns e foron pola nena, pero en canto a nai soubo que a criatura viña con esa discapacidade, non quixo vela; nin tampouco o pai, nin os avós. Pretendían que os servizos sociais da Xunta se ocupasen dela, e foron os tíos -o irmán do pai e a muller- quen se converteron en pais adoutivos. A rapaza ten agora quince anos, é cariñosísima –como todos estes nenos- e moi graciosa; saca boas notas na escola, está sempre alegre, relaciónase cos veciños, e faise querer por cantos a tratan. Os pais adoutivos din que lles leva dado infinitas satisfaccións, pero os biolóxicos, que a ven a diario pola rúa, teñen problemas de conciencia e aínda hoxe reñen cos irmáns por criala.

Que distinta esta familia da de Xosé, un home de Ferrol que naceu con este mesmo síndrome, con quen convivín varios veráns en Valdoviño, nos anos sesenta. Morréralle o pai, pero a nai, as dúas irmás, os cuñados e os sobriños adorábano.

Leer más

Xosé Manteiga in memoriam

Había tempo que non nos viamos. A última vez foi en Santiago, no ano 2005, cando lle pedín que lese o meu ensaio sobre O humor de Cervantes no Quixote. Interesábame moito a súa opinión de filósofo, e reconfortoume o seu visto bo. Foi daquela cando lle fixen este retrato. Véndoo ninguén diría que é … Leer más

Colección Nova Caixa Galicia

SIRO “SIRO LÓPEZ LORENZO” [Ferrol 1943] Dotado para el dibujo, inquieto, agudo, irónico, había de derivar hacia la caricatura política y social, en la que ha conseguido justa fama y con la que colabora cotidianamente en la prensa de Galicia. Si desexa máis información Pulse aquí

Siro vida e milagros

Nacín no ano 1943 en Ferrol (A Coruña), e desde o 1970 ao 2006 fixen debuxo de humor e caricatura política en distintas publicacións galegas; os últimos trinta anos no xornal La Voz de Galicia. O xornalismo foi o meu medio de vida, pero sempre practiquei, en paralelo, outro tipo de debuxo e máis tarde … Leer más