18 Espidos de muller

espido_v
Desnudo V

Con este álbum interrompín unha serie de traballos protagonizados polo humor gráfico e a caricatura. Trinta anos despois da edición, podo evocar a ilusión con que fixen cada debuxo, o seguemento da elaboración das películas na imprensa, a distribución do traballo entre douscentos amigos… 

Son debuxos de mulleres de distintas idades, nos que quixen reflectir en poucas liñas o candor da adolescencia, a beleza esplendorosa da xuventude, e a garrideza da muller que se achega á madureza.

Non tentei poñer nin quitar erotismo nos deseños, pero tiven unha preocupación: que se percibise en todos o respecto máis absoluto á muller. Pouco despois da publicación arranxei en Ferrol unha exposición que titulei “Muller”, cos 18 orixinais e outros tantos deseños con personaxes exclusivamente femininos. A presentación fixéraa Pilar Cañás, locutora de Radio Nacional de España na Coruña, e entrañable amiga.

Deixa un comentario