Carta aos futuros lectores de “Castelao en el arte europeo”

libro_castelao

Amigos, por fin rematei un dos dous libros que levei corenta anos na cabeza. Un libro sobre Castelao artista, pero con outro título para non coincidir co de Luís Seoane. Un libro de debuxante a debuxante, á altura do panel; ollando de moi preto, mesmo dende a propia experiencia, o seu traballo artístico. Titúlase Castelao en el arte europeo, así, en castelán, en tradución do filólogo Alejandro Rodríguez Gómez, porque a Castelao hai que dalo a coñecer fóra de Galicia. Sae cun prólogo de Valeriano Bozal e unha presentación de María Victoria Carballo-Calero, editado por Duen De Bux, que son uns virgueiros. Digo que son virgueiros porque, ademais de editar moi ben, fano a moi bo prezo. O libro, con 224 páxinas e 30 ilustracións, terá un prezo de 20 euros, pero na pre venta costa 16. Vede a información en  http://www.duendebux.com

¿Por que quería facer este libro? Porque para min Castelao foi un debuxante extraordinario, un mestre a quen estudar, e estudeino, en todas e cada unha das súas facetas: caricaturista, humorista gráfico e ilustrador, no senso máis amplo do termo. Aquí analizo a súa obra viñeta a viñeta, imaxe a imaxe, cando o caso o require.

Leer más

Obra pública: Praza do Humor de A Coruña

plaza del humor a coruna
plaza del humor a coruna
Álvaro Cunquiero, detalle de la Plaza del Humor de A Coruña

No ano 1990 proxectei a Praza do Humor de A coruña, un recinto urbano que ven ser unha homenaxe aos grandes humoristas do mundo, desde Galicia e en galego. Ubicada na antiga Praza dos ovos, ante o mercado de San Agustín, a poucos metros da Praza de María Pita, consta dun piso de mármore branco, en dous niveis.

Leer más

Sobre Siro escritor

Escribo porque non sempre “unha imaxe vale por mil palabras” e a plástica non me permite expresar canto desexo. Pero cando fago narrativa escribo como debuxo: aforrando liñas e palabras. O humor é unha constante na miña obra, e non me sinto cómodo fóra dos seus límites. Non son satírico; prefero a comicidade e, moito … Leer más

Ensaio

Empecei a publicar ensaio na revista Grial, nos primeiros anos setenta, estudiando as influencias europeas na obra gráfica de Castelao, e as claves humorísticas na súa producción literaria e de humorista gráfico.  A arte e o humor foron, desde entón, as creación ás que adiquei a miña pescuda. Pensaba que, por ser as miñas actividades profesionais, podería ofrecer unha visión persoal, baseada na experiencia. Non é casualidade que titulase un traballo sobre o caricaturista Xosé María Cao, destinado a unha publicación arxentina, José María Cao a la altura del panel, porque desde aí o vexo eu.

Leer más