Exposición Valle-Inclán

ramon_maria_del_valle_inclan

Valle Inclán, xigante de feble encarnadura Poden chegar ao cento os deseños que levo feito de don Ramón María del Valle Inclán. Uns son retratos realistas, outros rozan ou entran de cheo no eido da caricatura, outros –nos que tento reflectir o personaxe que Valle fixo de si mesmo- son visións, froito da miña fantasía. … Leer más

Ensaio

Empecei a publicar ensaio na revista Grial, nos primeiros anos setenta, estudiando as influencias europeas na obra gráfica de Castelao, e as claves humorísticas na súa producción literaria e de humorista gráfico.  A arte e o humor foron, desde entón, as creación ás que adiquei a miña pescuda. Pensaba que, por ser as miñas actividades profesionais, podería ofrecer unha visión persoal, baseada na experiencia. Non é casualidade que titulase un traballo sobre o caricaturista Xosé María Cao, destinado a unha publicación arxentina, José María Cao a la altura del panel, porque desde aí o vexo eu.

Leer más

Celestino Fernández de la Vega

celestino fernandez de la vega por siro

Introdución                                  Cando no ano 1969 lin e relín O segredo do humor sentínme deslumbrado e orgullosamente galego. Xamais tivera nas mans un estudio tan rico e rigoroso sobre unha materia que me interesaba tanto. Pouco despois empezaría a publicar os meus primeiros debuxos de humor na revista Chan, editada en Madrid e dirixida por Borobó, … Leer más