Sobre Siro periodista

Cheguei ao xornalismo no ano 1970, apadriñado por Raimundo García Borobó, que dirixía en Madrid a revista Chan. Borobó presentoume en Chan como humorista gráfico, e desde entón non deixei de exercer como debuxante humorista e caricaturista en distintas publicacións galegas, ata chegar á redacción de La Voz de Galicia, onde me xubilei no 2006. … Leer más

Caricatura política

Paco Vázquez Embajador en el Vaticano

Vexo a caricatura política e a caricatura persoal como dúas ponlas distintas dunha mesma árbore. Velaí por que na caricatura política procurei a risa do lector, convertendo aos protagonistas de cada viñeta en monicreques cómicos; e, sen embargo, practiquei a caricatura persoal como unha forma de retrato, no que esaxero a “expresión característica” do modelo -que sempre está nos ollos e na boca- para obter unha semellanza que non podería acadar cun retrato convencional. Non esaxero máis que o imprescindible porque non me interesa facer risible a persoa caricaturizada, aínda que, por non axustarse á realidade, a caricatura sorprende, desconcerta e fai rir sempre.

Leer más

Siro vida e milagros

Nacín no ano 1943 en Ferrol (A Coruña), e desde o 1970 ao 2006 fixen debuxo de humor e caricatura política en distintas publicacións galegas; os últimos trinta anos no xornal La Voz de Galicia. O xornalismo foi o meu medio de vida, pero sempre practiquei, en paralelo, outro tipo de debuxo e máis tarde … Leer más