Imáxes da Transición: A UCD esfarélase

Imáxes da Transición: A UCD esfarélase

Nos primeiros meses Calvo Sotelo conseguiu elevar o nivel de aceptación da UCD do 26%, que tiña con Suárez, a un esperanzador 40%. As derrotas electorais en Galicia e Andalucía trocaron o signo da tendencia e a aceptación da opinión pública volveu baixar. Ademais a imaxe de Calvo Sotelo foise percibindo como a dun home … Leer más

Imáxes da Transición: España, Francia e o Mercado Común

Imáxes da Transición: España, Francia e o Mercado Común

Calvo Sotelo publicou as súas memorias de presidente do Goberno e aproveitounas para comentar criticamente actuacións e actitudes dos protagonistas da Transición política española, fosen da oposición ou do seu propio partido; e fíxoo as máis das veces con humor, contando anécdotas divertidas para o lector, pero que deixan ao protagonista en mala situación. Nótaselle … Leer más

Imáxes da Transición: 23 f

Imáxes da Transición: 23 f

Ás 18,23, cando se votaba a investidura de Calvo Sotelo, entrou no hemiciclo, pistola en man, o teniente coronel Tejero, que berrou “¡Quieto todo el mundo!”, mentras ía cara á tribuna. Parecía estar so porque o capitán que o seguía se detivo a rifar a un bedel por fumar no corredor de acceso á Cámara; pero logo entraron varios oficiais e numerosos gardas civís, berrando “¡Al suelo todo el mundo!”. Gutiérrez Mellado deixara o escano para enfrontarse a Tejero, e varios gardas quixeron detelo. Tejero fixo un disparo ao teito, ao que seguiron os de varios subfusís. Gutiérrez Mellado ficou en pé, entre os gardas que disparaban e non puideran reducilo, polo que Tejero baixou da tribuna e dúas veces tentou tiralo ao chan, sen conseguilo. Suárez rescatouno e levouno ao escano.

Leer más

Imáxes da Transición: Debate de investidura

Imáxes da Transición: Debate de investidura

Empezou o 18 de febrero de 1981 e rematou dous días despois. Foi o primeiro da Monarquía Parlamentaria porque Suárez se negara a facelo en abril do 1979, malia as protestas da oposición.

Socialistas e e comunistas viron no discurso do candidato unha proba da dereitización da UCD, e Coalición Popular de incompetencia para gobernar. Só Ernst Lluch, dos socialistas cataláns, que sería asasinado por ETA, aludiu á tensión nos cuarteis, ao relacionar as minorías antidemocráticas nalgúns corpos coa súa falta de formación técnica.

Leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies