Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: O ambiente na Oficina Técnica

oficina_tecnica_bazan

Aprobado o ingreso en deliñación, íamos destinados a calquera das catro oficinas técnicas existentes: Proxectos, Casco, Electricidade e Maquinaria. Eu fun á de Maquinaria e mentres aprendía o oficio, día a día, co proxectista Antonio Nogueira, profesor excelente e boísima persoa, cun fantástico sentido do humor, asistín durante tres anos aos cursos de formación que … Leer más

Ferrol, Ferrol, Ferrol, onde eu nacín: Un conto de Noitevella

un conto de noitevella

 

un conto de noitevella
Ramona e Plácido

Aquela caricatura de Luis Picos, andando o tempo, chegaría a cambiarme a vida; pero, en breve, o que cambiou foi a miña maneira de ver a Arte. Eu levara as máximas calificacións en debuxo no bacharelato, sen embargo non era consciente de que podería debuxar; visitaba as exposicións que se facían na cidade, pero facíao cunha ollada inxenua e todo me parecía ben. Cando a caricatura de Picos chegou a Carlos Merino, o administrativo destinado na Oficina Técnica, veume saudar e a saber da miña vocación artística. Debín de parecerlle algo parvo ao comprobar que non tiña ningunha, pero ao circular nas próximas semanas media ducia de caricaturas doutros compañeiros, faloume de novo e animoume a tomar en serio o que para min estaba a ser un simple divertimento. Fixémonos amigos, contoume que el pintara e deixara de facelo había anos, e un día levoume á súa casa para mostrarme algúns lenzos. Ante aqueles cadros empecei a entender que é a Arte; volvinme máis esixente e autocrítico, e tardei cinco anos en facer a primeira exposición de debuxos de humor e caricaturas, e oito en mostrar retratos e figuras.

Leer más