Imáxes da Transición: Fin da Transición

Imáxes da Transición: Fin da Transición

As eleccións de 1982, que permitiron gobernar con maioría absoluta ao PSOE, sinalan, en opinión de historiadores e comentaristas políticos, a fin da Transición. Tres meses antes Adolfo Suárez creara un novo partido, o Centro Democrático e Social (CDS), que só conseguiu dous escanos; pero nas de xuño de 1986, obtería case dous millóns de … Leer más

Imáxes da Transición: 23f Carmen Echave

Imáxes da Transición: 23f Carmen Echave

Ao disparar contra o teito os gardas que rodeaban a Gutiérrez Mellado, os deputados botáronse ao chan e só Suárez e Carrillo ficaron nos asentos; ergueito o presidente, inclinado Carrillo, como dando a entender que na súa actitude había dignidade, pero non arrogancia. Algúns deputados erguéronse de contado; outros, os máis, seguiron no chan varios minutos.

Leer más

Imáxes da Transición: Suárez desmonta a Operación Armada

Imáxes da Transición: Suárez desmonta a Operación Armada

A dimisión de Suárez botou por terra a Operación Armada.  Un novo Goberno sen Adolfo Suárez e Gutiérrez Mellado, aborrecidos nos cuarteis, e presidido por Leopoldo Calvo Sotelo, ben visto pola CEOE, facía imposible a compoñenda.

O 10 de febrero, despois de oír aos líderes políticos, o Rei fixo saber ao Presidente do Congreso que o candidato á presidencia do Goberno era Leopoldo Calvo Sotelo, e o 12 a Mesa do Congreso acordou que o debate de investidura empezaría o 18. Da frustración dos dirixentes socialistas e críticos da UCD comprometidos na trama, dan idea a declaración á prensa de Alfonso Guerra, o mesmo día 12, advertindo de que o PSOE non descartaba unha moción de censura ao novo Presidente; e as do democristián Álvarez de Miranda á revista Interviú do 15 de febrero, afirmando que a UCD debería gobernar co PSOE.

Leer más

Imáxes da Transición: O Rei acepta a dimisión de Suárez

Imáxes da Transición: O Rei acepta a dimisión de Suárez

Entre os bulos que circularon sobre as causas da dimisión de Suárez está o da encerrona que lle fixo o Rei, ao chamalo o 23 de xaneiro á Zarzuela para deixalo so cos tenientes xenerais Elícegui, Merry Gordon, Milans del Bosch e Campano López, que lle esixiron a dimisión. Cando Suárez pediu que lle desen … Leer más

Imáxes dá Transición: Suárez e Miláns del Bosch

Imáxes dá Transición: Suárez e Miláns del Bosch

Cando Adolfo Suárez dixo no discurso de despedida: «No quiero que el sistema democrático de convivencia sea, una vez más, un paréntesis en la Historia de España», moitos entendemos que dimitía para evitar un golpe de Estado que imporía outra ditadura militar. Non parece que fose así. Suárez cría que as conspiracións nos cuarteis ían … Leer más

Imáxes dá Transición: Razóns da dimisión de Suárez

Imáxes dá Transición: Razóns da dimisión de Suárez

Leopoldo Calvo Sotelo, elixido por Suárez para substituílo, opinou nunha frase breve e clara: “El hombre que ha hecho la transición política no dimite por una sola razón; dimite desde un estado de ánimo”. O estado de ánimo do presidente tiña que estar baixo mínimos, ante a gran confabulación para sustituílo, na que estaban o … Leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies