Radio

Radio

Cheguei á radio no ano 1970, como guionista do programa cultural O espello, que na cadea COPE facía en Ferrol a locutora Xulia Díaz Sixto. Empecei escribindo diálogos humorísticos, despois entrevistas a escritores e artistas galegos, e cabo dalgúns anos fun o realizador e presentador do mesmo, ata o 1985.

Radio Nacional de España na Coruña contratoume no ano 1983 para facer unha serie de programas nos que analizaba as peculiaridades do humor popular galego e a súa repercusión na obra dos nosos escritores. Aquel espazo titulado O humor en Galicia, de emisión semanal, mantívose en antena durante ano e medio.

No 1985 dirixín en Antena 3 Galicia o curso radiofónico Galego coloquial, en colaboración co Instituto da Lingua Galega.

Desde ese mesmo ano presentei e dirixín distintos programas culturais e humorísticos en Radio Voz Galicia. O máis coñecido é o espazo humorístico Corre Carmela que chove, que se emite semanalmente desde 1990 e que no 1994 obtivo os premios Galicia de Comunicación, da Xunta de Galicia, e a Curuxa do Humor, do Museo do Humor de Fene.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies