Riscos: Serie de entrevistas a galegos coñecidos pola súa actividade profesional

Sempre pensei que o xénero xornalístico da entrevista era axeitado para min, que podería ilustrala coa caricatura do entrevistado. Por eso cando no ano 1997 La Voz de Galicia me ofreceu unha páxina a cores no xornal do domingo, con garantía de continuidade, deseñei a serie Riscos, cun dobre obxectivo: que a miña intervención como entrevistador fose o máis discreta posible e procurase o lucimento do entrevistado, e realizar a caricatura cun criterio pictórico, como se aspirase a facer arte de museo.

Á hora de escoller os entrevistados evitei os que aparecían de cote nos medios de comunicación, e fun aos que estaban nun segundo plano. Sempre se entrevistaba a Isaac Díaz Pardo, pero ¿qué tiña que dicir Mimina, a súa muller, artista tamén e que convivira moitos anos cun home tan xenial como complexo? ¿E o ex capitán Fortes, membro da UMD, anos despois de ser condenado por traizón?¿E Barreiro Rivas, o político que con trinta e poucos anos tivera todo o poder en Galicia, e perdérao, logo dun proceso xudicial? ¿Cómo era na corta distancia Rosalía Mera, a muller máis rica de España?

Os coarenta entervistados estiveron verdadeiramente brillantes, e hoxe  coido que Riscos foi un dos meus mellores traballos de xornalista.

Benito Losada

Rosalía Mera
Rosalía Mera
Carmen Arias Montero
Carmen Arias Montero
Neira Vilas
Xosé Neira Vilas

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies