Os Pecados Capitais: 100 carpetas para 100 amigos

Album 2017 Os Pecados Capitais

En 1977 a Editorial Galaxia publicou a carpeta Os Pecados Capitales, para moitos coñecedores da miña obra o mellor que fixen no eido do debuxo. A edición foi un éxito e as sete láminas formaron parte da decoración de moitos fogares e tamén de varios mesóns, mesmo fóra de Galicia. Habería que reeditala, pero non … Leer más

Exposición Valle-Inclán

ramon_maria_del_valle_inclan

Valle Inclán, xigante de feble encarnadura Poden chegar ao cento os deseños que levo feito de don Ramón María del Valle Inclán. Uns son retratos realistas, outros rozan ou entran de cheo no eido da caricatura, outros –nos que tento reflectir o personaxe que Valle fixo de si mesmo- son visións, froito da miña fantasía. … Leer más

Retratos ao minuto: Jules Pascin

jules_pascin

Hai 45 anos descubrín a Jules Pascin, un debuxante búlgaro, fillo dun xudeo sefardita e dunha serbo- italiana, que viviu a bohemia en París nos anos da Belle Epoque. Dotado dunha habilidade pouco común, debuxaba e pintaba acuarelas e pasteis a velocidade vertixinosa, conseguindo acertos imposibeis nun traballo demorado. Foi o debuxante que máis me … Leer más

Medallística serie “Letras Galegas”

No ano 1990 empecei unha colaboración, que se mantén a día de hoxe, co escultor Manuel Ferreiro Badía, premio “Tomás Francisco Prieto” da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, en 1984, e membro da Fédération Internationale de la Médailles d’Art e da American Numismatic Association. Sobre deseños meus, Ferreiro Badía modelou a serie Letras Galegas, … Leer más