Comandante Cortina 23F

Imáxes da Transición: Os poderes do comandante Cortina

O comandante Cortina tentou tamén que Pardo Zancada non o involucrase na organización do 23f e mandoulle, a través do capitán Armada, parente lonxano do xeneral, a mesma mensaxe que enviara a Tejero pola muller: seríalle máis útil se non era condenado. Porén, a defensa dos acusados baseábase “na obediencia debida”, polo que debían demostrar que o golpe fora cousa do CESID, de Armada e do Rei. Tamén o fiscal cría na culpabilidade do comandante Cortina e no interrogatorio da mañá do 22 de marzo de 1982 levouno contra as cordas.

A sesión interrompeuse para xantar e Cortina fixo unha chamada telefónica que oíron o comandante Arribas, responsable do servizo de comedores, e o letrado Ángel López Montero, defensor de Tejero. Este revelou trinta anos despois que Cortina dicía ao interlocutor: “Que no me jodan, que saco hasta lo de Carrero Blanco”.

No interrogatorio da tarde  Cortina mostrouse tan chulo que o presidente do tribunal tivo que esixirlle moderación no ton. Non foi chamado a declarar o capitán Camacho, do CESID, que recollera probas de que o xeneral Armada e o comandante Cortina organizaran o golpe, e fíxollo saber ao director, o coronel Calderón, que non quixo crelo.

Leave a Comment