Comandante Cortina 23 f

Imáxes da Transición: O comandante Cortina

Unha das conversas telefónicas gravadas por orde de Laína é a do xeneral Armada co rei para informalo do que está a pasar no Congreso secuestrado por Tejero, e cal debe ser o desenlace despois que el vaia ofrecerse aos deputados como presidente dun «Gobierno de salvación». Ante o abraio do rei, Armada argumenta: «Pero esto es de lo que hemos venido hablando, señor; esta es la ocasión de poner en práctica lo que hemos hablado». O rei, alporizado, respóndelle: «¡Cómo me puedes decir eso, Alfonso! ¡Esto no es… así no, así no!». E pasoulle o teléfono a Sabino.

As cintas que o ministro Rosón mandou gardar poderían explicar que pasou o 23F, pero tamén podería facelo o comandante Cortina, do Cesid. Tejero sinalouno como a persoa que o puxo en relación co xeneral Armada para recibir instrucións sobre o golpe. Armada e Cortina negaron o encontro despois de tentar, inutilmente, que Tejero non o citase. Armada recordoulle o seu compromiso de non facelo, e Cortina viuse coa muller do coronel, agasallouna cun exemplar do Quixote nunha edición de luxo e aseguroulle que el podería ser útil ao marido se seguía libre. Tejero non fixo caso e deu datos da reunión. Porén, Cortina foi absolto por falta de probas.

Leave a Comment