23f generales golpe estado

Imáxes da Transición: Armada leal ao Rei

O xeneral Armada esperaba que, despois de conseguir que Tejero asinase o “pacto do capó”, cos termos da rendición, enviasen un ramo de flores á súa muller  e non que o detivesen como xefe dos golpistas. O xeneral Armada ignoraba que Francisco Laína, secretario de Interior e presidente do Goberno provisional durante o secuestro do Congreso, dera orde de “pinchar” determinados teléfonos que permitiron coñecer as conversas entre os protagonistas daquela noite. Cando o día 24 Suárez comentou que debía agradecer a actuación de Armada, o Rei desenganouno: “No, Adolfo; tú tenías razón. Armada estaba en la trama”. E Suárez ordeou a Gabeiras que o detivese.

Durante o consello de guerra, Armada enviou mensaxes a Miláns sobre a conveniencia de declarar que a relación de ambos co 23f empezara ese día e que as reunións anteriores non tiveran relación co golpe. A Miláns non lle interesaba esa estratexia. El involucrárase porque Armada lle asegurara que o Rei avalaba a operación e esa sería a súa defensa. Armada, a través do coronel Pardo de Santayana, respondeulle que o Rei non sabía nada do 23f porque el nunca llo comentara. E sostívoo durante o xuízo, malia a animosidade dos outros procesados.

Leave a Comment