Imáxes da Transición: O PSOE gaña as eleccións

PSOE vence elecciones 1982
PSOE vence elecciones 1982
Alfonso Guerra, Felipe González, Tierno Galván

As eleccións xerais celebráronse o 28 de octubre de 1982, con resultados sorprendentes. Sabíase que os españoles estaban polo cambio e que o PSOE podería resultar o partido gañador, pero ningunha enquisa preveu que obtivese dez millóns de votos, o 48% dos emitidos, que lle permitiron ocupar 202 escanos dos 350 do Congreso. Sabíase que as crises internas da UCD e o PCE lles suporían a perda de confianza do electorado, pero as enquisas non anunciaron a debacle que levou á UCD a perder 155 escanos e quedar en 12; e ao PCE a perder 19 e quedar en 4. Pola contra, a nova Alianza Popular, liderada por Fraga, obtivo 105 escanos e pasou a ser o principal partido da oposición. Os nacionalistas cataláns e vascos confirmaron os resultados anteriores. CIU obtivo 12 deputados e o PNV 8.

Había preocupación polo reaxir dos militares ante o triunfo socialista; mesmo se temía outra intentona golpista. Porén, Felipe González non tardou en gañar o seu respecto ao endurecer as medidas antiterroristas, eloxiar publicamente á Policía e ás Forzas Armadas, atender as súas necesidades e nomear ministro de Defensa a Narcís Serra, que nunca discriminou aos mandos franquistas e si, con frecuencia, aos demócratas.

Leave a Comment