Imáxes da Transición: O golpismo ía en serio

Arrestados 23f
Arrestados 23f
Jaime Miláns del Bosch, José y Jesús Crespo Cuspinera, Luis Muñoz Gutiérrez

Os mozos ven hoxe o 23f como unha astracanada representada por pésimos actores no Congreso dos deputados. A figura de Tejero, os berros dos oficiais, os gardas civís fuxindo polas ventás, a desaparición das existencias da cafetería e do “bote” dos camareiros, todo contribuiu a converter un feito dramático nunha representación de guiñol.

Porén, o golpismo ía en serio e non desapareceu co fracaso do 23f.

O 2 de octubro de 1982 o presidente Calvo Sotelo, o ministro Rosón e o director do CESID, xeneral Manglano, acordaron deter aos coroneis de Artillería Luis Muñoz Gutiérrez e Jesús Crespo Cuspinera, e ao irmán deste último, o teniente coronel José Crespo Cuspinera, que, en connivencia con Miláns e outros condenados no 23f, preparaban un golpe cruento para o día 27, víspera das eleccións xerais. Silenciouse porque o PSOE, logo do gran triunfo electoral, tentou mellorar as relación co exército.

Foi inútil. En 1985 un grupo de militares e civís preparou un atentado en A Coruña, durante a celebración do Día das Forzas Armadas, no que voarían con explosivos a tribuna onde estarían o Rei, o presidente Felipe González e outras autoridades. Evitouse e silenciouse para non crear alarma social.

Leave a Comment