Manuel Fraga Iribarne

Xornalista

Cheguei ao xornalismo no ano 1970, apadriñado por Raimundo García Borobó, que dirixía en Madrid a revista Chan. Borobó presentoume en Chan como humorista gráfico, e desde entón non deixei de exercer como debuxante humorista e caricaturista en distintas publicacións galegas, ata chegar á redacción de La Voz de Galicia, onde me xubilei no 2006.

No decorrer de tantos anos, no xornalismo fixen de todo: humor gráfico, caricatura política, caricatura persoal, artigo de opinión, entrevista, reportaxe, crítica de arte… Pero en 1970 empecei a facer tamén xornalismo radiofónico. Con guións para uns espazos e como director doutros, fixen xornalismo para a TVG, nos anos oitenta e noventa.

Síntome afortunado por ter vivido desde dentro a época dourada do xornalismo en España, un xornalismo que, lamentablemente, ten pouco que ver co actual.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies