Neira Vilas, risa e compromiso Neira Vilas, risa e compromiso

Xosé Neira Vilas e Siro
Xosé Neira Vilas e Siro

Neira Vilas e Siro
Neira Vilas e Siro

Artículo disponible en contenidos en galego

Xosé Neira Vilas e Siro
Xosé Neira Vilas e Siro

Estivemos xuntos o pasado 22 de octubre en Ponteceso e foi el quen me entregou o Premio “Bo e Xeneroso”, que a Fundación Eduardo Pondal tivo a ben concederme, xunto á escritora Margarita Ledo, a cantora Guadi e o científico Ángel Carracedo. No meu discurso dixen que despois de tantos anos de amizade con Neira Vilas, de ilustrarlle varios libros, de entrevistalo na radio e no xornal, de facerlle non sei cantos retratos e caricaturas, todo motivado pola admiración que sentía pola súa obra e o afecto pola súa persoa, nunca podería imaxinar que algún día sería el quen me honrase entregándome un galardón. E non foi só eso. Aquel día entereime de que a proposta do meu nome para ser un dos premiados fora súa, o que explica, quizais, esa extraordinaria e sincera cordialidade que se observa nas fotos da entrega.

A verdade é que Pepe –así o chamabamos os amigos- era cordial con todo o mundo. Comigo foino desde o día que nos coñecimos, ao pouco de volver a Galicia, para ficar, con Anisia Miranda, a muller, que nunca foi completamente feliz entre nós; ben porque sentía que non estaba a ser tan fiel como quixera coa Revolución Cubana, ben porque se sentía eclipsada, como escritora, pola popularidade do home. Endebén cos dous compartín moitas horas de gratísima conversa e sempre saín coa convición de que aquel Xosé Neira Vilas, autor de libros que tanto me gorentaran antes de coñecelo, era como ser humano entrañable, e ideolóxicamente un galeguista afervoado e con gran sensibilidade ante a inxustiza social. Nin fanático, nin sectario, nin dogmático. Gustáballe rir e ría moito, porque o sentido do humor era un don que posuía e valoraba.

Proba do que digo é que a derradeira vez que o vin rir co enxeño dun autor foi en Ponteceso, mentres repetía de memoria algún parágrafos divertidísimos de Julio Camba a varios interlocutores. Uninme ao grupo e eu, que comparto a súa admiración polo talento de Camba, aportei outro parágrafo dun artigo maxistral, que leo en todas as conferencias sobre o escritor: “Galicia es tierra de sardinas y de políticos. Las sardinas nacen unas de otras y los políticos también”. Pepe sabíao de memoria, coma min, e rematámolo a dúo, entre as risas de todos os presentes. Non é doado para un galeguista admirar o talento dun antigaleguista como Julio Camba, pero Neira Vilas facíao e eu tamén.

Neira Vilas e Siro
Neira Vilas e Siro

No ano 1984 debuxei as ilustracións do libro “Pan”, de Edicións O Castro; e en 1999 as de “O home de pau”. Tamén lle fixen retratos e caricaturas para distintas publicacións, e una entrevista da serie “Riscos”, publicada en La Voz de Galicia no ano 1999, que hoxe recupero do baúl dos recordos máis queridos, porque coido que nas respostas de Xosé Neira Vilas está o mellor retrato do home bo e divertido que foi.

1 comentario en “<!--:es-->Neira Vilas, risa e compromiso <!--:--><!--:gl-->Neira Vilas, risa e compromiso <!--:-->”

Deixa un comentario