¿Qué es una biblioteca para ti?

que es una biblioteca para ti

Velaí a pregunta que a Biblioteca Nacional nos fixo a 20 humoristas gráficos españoles para que respondesemos cunha viñeta. Fixémolo e o día 18 inaugurouse a exposición, cun acto sinxelo pero simpático e moi agradable, no que falaron a directora da Biblioteca, o vicerrector da Universidade de Alcalá e, en ausencia de Forges, que andaba en médicos, en nome dos participantes o catalán Kap, que ten o don de estar sempre en todas partes.

Unha idea brillante dos organizadores foi pedirnos que asinasemos ante o público e as cámaras de TV as viñetas, e ninguén se limitou a poñer o nome, senón que procuramos engadir unha gracia.

Para min o mellor foi atoparme entre viñetas con familiares e amigos moi queridos. Podedes ver a mostra neste vídeo.

 

Deixa un comentario