Medicina e humor

medicina y humor

medicina y humor

Este conto que eu escoitei hai moitos anos aquí, en Galicia, escoitábao Jardiel Poncela de neno en Quinto del Ebro, Aragón, a terra natal do seu pai, onde el pasou longas tempadas.

Ó humor pásalle como á medicina, que chegamos a coñecelos, a gozalos e a aceptalos como propios, aínda que resulte difícil fixar as súas orixes.

Por exemplo hai un conto titulado Os avisos da Morte, que polo contido, pola estructura narrativa e polo humor podería ser árabe, pero é galego de pura cepa. Di así:

Un rapaz atopouse un día coa Morte e camiñaron xuntos un bo cacho, falando animadamente ata que chegou o momento de separarse. Na despedida a Morte díxolle:

Pois ata que veña por ti.

E o rapaz comentoulle:

Pois xa que somos amigos vouche pidir un favor.

Ti dirás.

Que cando veñas por min non me collas de sorpresa. Avísame antes.

Avisareite, home; conta con eso.

Pasaron os anos, o rapaz fíxose home, despois home maduro e logo vello. E un día presentóuselle a Morte e díxolle:

Veño por ti.

-¿Cómo? –Alporizouse o vello-. ¿Pero non quedamos en que habías avisarme antes de vir por min?

A morte sorriu e preguntoulle:

-¿Branqueouche o pelo?

Branqueou.

-¿Caéronche os dentes?

Caeron.

-¿Perdeches os folgos?

Perdín.

-¿E logo que máis avisos querías?

E levouno.

Para continuar a lectura de Medicina e Humor escríbanos a info@siroartista.com

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies