Lección inaugural e gratísima sorpresa

ies_ rafael_puga_ramon
ies_ rafael_puga_ramon
IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)

O claustro do instituto Rafael Puga Ramón de A Coruña invitoume a dar a lección inaugural do curso académico, e eu, sentíndome honrado e agradecido, quixen corresponder disertando sobre un tema ameno, que divertise por igual a profesores e alumnos. Falei do humor en Galicia, das distintas formas do humor, da retranca como artificio defensivo en situacións conflictivas; e puxen exemplos de cada caso, que foron celebrados con risas do auditorio, e con sorrisos e un chisco de emoción cando tratei do “humorismo” de Cervantes, de Castelao e tamén do meu.

Deixei para o final a explicación do que é unha caricatura e en que consiste a arte do caricaturista; e despois, en grandes cartóns dispostos nun cabalete, debuxei as dalgúns personaxes coñecidos, e rematei facendo a dunha profesora e dun aluno que se ofreceron como modelos.

Como esperaba, a charla resultou agradable para todos, e para os rapaces, unha grata sorpresa. Pero nada comparada coa enorme e gratísima sorpresa que esta experiencia supuxo para min. Primeiro pola montaxe de reproducións da miña obra, en paneis de grandes dimensións, de vinilo, por temas; ademais dunha bandeirola co meu currículum, e un vídeo cos meus debuxos e pinturas, pasando ininterrompidamente en dúas pantallas. Despois, pola actitude dos alumnos, respectuosísimos en todo momento; e a cordialísima acollida de todos os profesores.

Fernanda Sández, a directora, quería facelo, sen contar comigo, para sorprenderme. Non puido porque tivo que recurrir a min, para obter as imaxes coa necesaria resolución, pero sorprendeume igualmente, porque era imposible que eu esperase nada semellante.

Saín matinando no que pode conseguir un profesorado comprometido. A ningún ensinante lle pagan para facer esto, pero fixérono, e os alumnos víronos e recibiron unha estupenda lección fóra das aulas. O instituto Rafael Puga Ramón está nun barrio coruñés, pero podería estar en Oxford. Sábeno na Deputación, e por eso o curso foi oficialmente inaugurado pola vicepresidenta Mariel Padín.

A todos grazas, moitísimas grazas.

1 comentario en “Lección inaugural e gratísima sorpresa

  1. Gracias Siro por tus palabras que nos sirven de apoyo en un momento en que la enseñanza y el profesorado no tienen un gran apoyo social.
    Somos nosotros los que estamos en deuda contigo por todo lo que nos enseñaste ese dia. Ha sido un momento divertido y emocionante que espero que los alumnos recuerden toda su vida

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies