Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo

Os ollos de Isaac, coma os de Picasso, vían alén do horizonte artístico. Díxeno hai anos e repítoo agora: en Isaac había moito máis ca unha chispa de xenialidade, e demostrouno como pintor, deseñador, ceramista e arquitecto. Pero ademais da admiración que sentín polo artista, abraioume o Isaac, pequeno-enorme home, fiel á memoria dos que, fronte á barbarie, deron a vida por Galicia; o que puxo en marcha empresas exemplares; o que se deu xenerosamente aos amigos… Eu, que fun un deles, tentei apreixar un chisco da súa personalidade en retratos e caricaturas, que irei dando a coñecer nesta páxina, como recordo dun ser humano inesquecible.

1 comentario en “Isaac Díaz Pardo

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies