Imáxes da Transición: ¿Estaba o Rei no golpe?

transición golpe de estado

Hai razóns para pensar que o Rei vía ben a Solución Armada; e non é de estrañar porque os asesores, na propia Casa Real, animábano a apoiala. O que non podía admitir o Rei é que se producise un golpe de estado no seu nome, de aí que desde o primeiro momento fixese o posible para evitalo. Non ten sentido afirmar que non fixo nada ata a una e cuarto da mañá do día 24, cando TVE reproduciu a súa mensaxe, porque minutos despois da entrada de Tejero no Congreso xa falara con distintos mandos militares.

As palabras de tranquilidade que dirixiu ao presidente da Generalitat e que repetiu a García-Sabell e á deputada Anna Balletbó, a primeira en saír do Congreso por estar embarazada, non proban que procurase o control da situación; pero si o proba que ás 18,40 chamara ao xeneral Gabeiras para coñecer as medidas que tomara respecto ás capitanías xerais, e que ás 19,30 chamase a Miláns  para confirmar as ordes que Gabeiras lle dera de retirar as tropas aos cuarteis. Cando chamou ao capitán xeral de Zaragoza, este respondeulle eufórico: “¿Qué, Señor, al toro?” Don Juan Carlos calmouno e ordeoulle que non fixese nada se non recibía intrucións súas. Miláns perdeu así un dos máis firmes apoios.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies