Imáxes dá Transición: Volve o Guernica

Iñigo Cavero, Rafael Fernández Quintanilla y Javier Tusell
Iñigo Cavero, Rafael Fernández Quintanilla y Javier Tusell

En 1968 Franco encargou a Carrero Blanco iniciar as xestións para que o Guernica volvese a España, e Carrero responsabilizou das mesmas ao director xeral de Belas Artes, Florentino Pérez Embid, quen un ano despois declarou ao xornal Le Monde que o cadro podería volver a España. O avogado de Picasso, Roland Dumas, respondeu que, por desexo do autor, “o Guernica só volvería a España coa República” e Picasso comunicoullo aos responsabeis do Museum of Modern Art de New York, onde estaba depositado.

Despois das primeras eleccións democráticas, Senado e Congreso aprobaron solicitar formalmente a devolución do Guernica. Picasso morrera e nin a familia nin o museo tiñan interese en colaborar; pero o diplomático Rafael Fernández Quintanilla deu coa documentación que acreditaba o pago de 150.000 pts. do Goberno da República a Picasso polo Guernica, e o Congreso dos EEUU pediu a devolución a España. A teimuda xestión de Javier Tusell, director xeral de Belas Artes, tivo éxito e o 9 de setembro de 1981 o ministro de Cultura, Iñigo Cavero, asinaba a recepción do Guernica, que se mostrou, con grandes medidas de seguridade, no Casón del Buen Retiro, ata que en 1992 pasou ao Centro de Arte Reina Sofía.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies