Imáxes dá Transición: Incendio no hotel Corona de Aragón

Carmen Franco, Carmen Polo, Cristóbal Martínez Bordiú
Carmen Franco, Carmen Polo, Cristóbal Martínez Bordiú

Ás oito da mañá do 12 de xullo de 1979 produciuse un incendio no hotel Corona de Aragón, de Zaragoza, que causou 83 mortos e máis de cen feridos. Moitos clientes eran familiares dos cadetes da Academia Militar que aquel día recibirían os galóns de alféreces; entre eles a viúva de Franco e os marqueses de Villaverde con dous fillos.

O rumor de que fora un atentado de ETA foi desmentido polo gobernador civil da provincia, Francisco Laína, e polo xefe superior de policía. A versión oficial afirmou que o incendio comezara na freiduría-churrería da cafetería cando se preparaban os almorzos.

Admitir que se trataba do maior atentado de ETA, dirixido, ademais, contra os militares, era demasiado perigoso; e nin sequera a banda o vindicou. A Audiencia Provincial de Zaragoza dictaminou en 1981que no resulta debidamente acreditada la perpetración del delito. Sen embargo, en 1990, o Consello de Estado, deu aos falecidos categoría de víctimas do terrorismo; e no 2009 o Tribunal Supremo fallou que o incendio tivo tres focos, polo que foi causado por tres persoas. O único por esclarecer é a identidade do “morto 78”, enterrado en Barcelona con nome e documentación falsa, que ninguén reclamou.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
%d bloggers like this: