Imáxes da Transición: España ingresa no Mercado Común

españa en europa
Fernando Morán y Felipe González

O Goberno de Adolfo Suárez presentou a candidatura de España á Comunidade Económica Europea en xullo de 1977, un mes despois das primeiras eleccións xerais, e en setembro o Consello de Ministros comunitario pronunciouse a favor; pero o camiño a percorrer resultou longo e difícil. Aínda que España foi cumprindo os requisitos esixidos; que o intento de golpe de Estado do 23f moveu ao Parlamento Europeo a solicitar a aceleración das negociacións de adhesión para estabilizar a nova democracia; que a volta do socialista Miterrand á presidencia do Goberno francés, en 1981, e a vitoria do PSOE nas eleccións do ano seguinte fixeron máis doadas as relacións entre ambos países; o pesimismo impúxose en moitos momentos.

Felipe González dirixiu unha carta aos primeros ministros dos dez países membros da CEE requeríndolles no próximo Consello de Europa unha actitude clara que desbloquease o ingreso de España,  pois o contrario “representaría una grave responsabilidad histórica de la Comunidad respecto del pueblo español”. Por fin Fernando Morán, ministro de Exteriores, puido pechar a negociación e asinar o Tratado en 1985. Leopoldo Calvo Sotelo recoñeceu a envexa que sentiu.

Deixa un comentario