A SER despide a Ignacio Escolar

Ignacio Escolar por Siro
Ignacio Escolar por Siro

O propio afectado explicou que non foi a SER, senón Juan Luis Cebrián, presidente executivo do grupo PRISA, quen o despediu por publicar no xornal dixital eldiario.es, que dirixe, a noticia de que a ex muller de Cebrián aparece nos papeis de Panamá. O pasado xoves xa non estivo na tertulia do programa Hoy por hoy, malia os intentos dos compañeiros por evitar o despido.

Teño a sensación de que os xornalistas como Ignacio Escolar son unha especie en perigo de extinción. Que alguén crea tan afervoadamente no código deontolóxico que obriga ao xornalista a informar con veracidade e que o faga, sabendo que se expón a ser despedido polo déspota empoleirado no poder, reconforta pero pasma.

O problema está en que Ignacio Escolar cre no xornalismo, e Juan Luis Cebrián non. E non é que Cebrián deixara de crer no xornalismo co paso do tempo, despois de ver cousas que poden facer enfermar de escepticismo a calquera. Non, Cebrián non creu nunca no xornalismo como medio de facer chegar a verdade dos feitos á sociedade.
Do xornalismo interesoulle a parte máis escura e innoble; usouno como medio de presión e de promoción persoal, mesmo no mundo das letras. Os que me honrades seguindo os artigoas da serie Imaxes da Transición recordaredes o artigo que publiquei sobre a campaña que Cebrián dirixiu en El País contra Adolfo Suárez cando o rei Juan Carlos o nomeou presidente de Goberno, en 1977. Suárez foi presentado por Cebrián como o candidato dun contubernio formado pola extrema dereita, o Opus e a banca. Aquela restra de mentiras que se repetiron día tras día, con incorporación de novos columnistas, di claramente o que o xove Juan Luis Cebrián pensaba do código deontolóxico do xornalismo.

Se Cebrián pensa que os medios que informaron da presenza da súa ex muller nos papeis de Panamá non o fixeron como deberan e que perxudicaron o seu nome, ten todo o dereito a querelarse con eles. Despedir a Ignacio Escolar da SER non é máis que unha mostra do autoritarismo que el dicía, e supoño que dirá aínda, combater.

Fágome unha pregunta: ¿Qué pasaría se todos os contertulios de Hoy por hoy deixasen o programa en solidariedade con Ignacio Escolar? Cebrián manda en PRISA, pero non é o dono de PRISA e é posible, mesmo probable, que, ante o escándalo, quen saltase fose el. Pero ese é outro problema do xornalismo en España.

Non trato a Ignacio Escolar, pero felicítoo por defender a súa dignidade e a dignidade dunha profesión que moitos, moitísimos informadores, se empeñan en luxar.

Saúde e sorte, amigo.

Siro

1 comentario en “A SER despide a Ignacio Escolar

  1. Este Cebrian sigue siendo un verdadero “cabroncete” que no hace más que eliminar gente muy valiosa, entre ellos el del artículo de hoy, a Maruja Torres y otros muchos más….. . ¿Nadie es capaz de pararle los pies? Menos mal que, todavía, hay gente como tú, Siro,que no tienes miedo a nada ni a nadie y tampoco tienes pelos en la lengua. Parabens

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies