Hai que confiar na esperanza

Os feitos que se describen nesta obra acontecen en Bos Aires, entre os anos 1890 e 1895, e son rigorosamente certos, aínda que a estructura da mesma obrigase ó autor a cometer algún anacronismo irrelevante. É un tempo de grandes oradores parlamentarios e de cruentos enfrontamentos entre conservadores e partidarios dos movementos socialista e anarquista. O espírito libertario percorre Europa, chega a América e maniféstase tamén dun xeito belixerante en publicacións satíricas como Don Quijote.

Os personaxes que a protagonizan son tamén reais, agás o Pillabán e Alberto Dolina. Os caricaturistas políticos Eduardo Sojo, Xosé María Cao e Mayol, e os escritores satíricos Álvarez e García coincidiron na redacción da publicación bonaerense Don Quijote, e, se a personalidade de cada un, o ambiente de traballo e a relación personal son creación do autor, o estilo do xornal e a conflictiva relación co Goberno da nación, son reflexo fiel da realidade.

O xeneral Roca, despois de varias accións militares, entre elas a da chamada Guerra do Deserto, que acabou coa resistencia dos indios na Pampa, presidiu un goberno autoritario entre 1880 e 1886, que favoreceu os investimentos estranxeiros e a inmigración. Partidario dunha escola laica, non dubidou en romper relacións  co Vaticano. Despois de organizar e dirixir varios gobernos desde a sombra, volveu á presidencia entre o 1898 a 1904. Luísa Moreno, esposa de Eduardo Sojo, foi unha muller discreta que, en todo momento, apoiou o idealismo do seu home.

Para continuar a lectura de Hai que confiar na esperanza escríbanos a info@siroartista.com

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies