Vai de humoristas: A arte diabólica de Xaquín Marín

Vai de humoristas: A arte diabólica de Xaquín Marín

É curioso que a facilidade para a creación artística non se vexa como un don da divinidade, senón como algo diabólico. Mesmo nos músicos, malia termos as expresións “música celestial” e “tocar coma os anxos”, ante intérpretes xeniais como Niccoló Paganini e Giuseppe Tartini, foi crenza xeral que fixeran un pauto co demo. A Platón … Leer más

Xaquín Marín

Xaquín Marín
Xaquín Marín
Xaquín Marín

Desde hai cincoenta anos sei que Xaquín Marín é un gran artista. E non falo só do seu extraordinario labor de humorista gráfico, senón tamén do que fixo como cartelista, ilustrador, autor de banda deseñada e pintor. Si, tamén como pintor, incipiente, pero cunha obra espléndida que, lamentablemente, non continuou, polo que Galicia perdeu un gran expresionista. Pinturas expresionistas foron os primeiros cadros que eu vin de Xaquín Marín, na sociedade deportiva e recreativa Bertón, de Caranza; e aquel día convertinme en admirador da súa obra. Pouco despois coñecémonos e iniciamos una relación de amizade que continúa hoxe.

De Marín falei varias veces e expliquei en prólogos e catálogos a razón da miña admiración polo seu traballo. Direina brevísimamente: pola calidade e a orixinalidade de todo o que fai. Cando eu debuxo e pinto, por moi inspirado que estea e por bo que sexa o resultado, sempre teño a sensación de que estou á sombra de Picasso, Matisse, Pascin, Kirchner, Beckmann, Meidner, ou calquera outro dos artistas que admiro. A Xaquín é imposible que lle ocorra eso, porque non se parece a ninguén; porque ten un estilo propio, distinto a todos, único, e –o mellor de todo- creado en plena mocidade, hai cincuenta anos.

Hai algo máis que me parece valiosísimo na obra de Xaquín Marín: a galeguidade da mesma. Cando Castelao dicía na conferencia “Arte e galleguismo” que para sermos universais temos que ser galegos, estaba a dicir una gran verdade que, como case todas as verdades, poucos escoitaron e axiña se esqueceu. Hoxe, cando é imposible recoñecer a obra dun pintor galego, catalán, castelán, francés, xaponés ou norteamericano, o debuxo e a pintura de Xaquín Marín aparecen na mar océano da globalización e do “todo vale” para recordarnos que a arte pode e debe ser outra cousa.

Dixen hai moito tempo que a obra de Marín ten un fortísimo sabor galego, como a bola e a empanada. A bola é románica e a empanada barroca; os debuxos de Marín son tamén creacións do románico e do barroco galegos. Con ese debuxo tan seu e tan galego, Marín converteuse nun creador polivalente que pode abranguer e abrangue todas as formas da plástica, con excelentes resultados sempre.

Leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies