“Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo” presentación en Madrid

"Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo" presentación en Madrid

O día 26 de abril, ás 19,30 h, presentabamos na Casa de Galicia en Madrid o meu último libro “Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo”. Se digo que me sentín moi honrado de que o presentador fose Darío Villanueva, director da Real Academia Española, non estou a corresponder con cortesía á súa cortesía, … Leer más

Ramón Piñeiro e Koldo Michelena

Quérovos falar dunha amizade, dunha extraordinaria amizade entre dúas persoas extraordinarias; dous homes con grande vocación cultural que, por un imperativo ético se comprometeron políticamente na oposición ao franquismo cando máis perigoso era facelo: o galego Ramón Piñeiro e o vasco Koldo Michelena. Piñeiro pertencera de rapaz ás mocidades do Partido Galeguista e o 25 … Leer más

Dous retratos ou “visións” de Ramón Piñeiro

O centenario do nacemento de Ramón Piñeiro foi recordado hoxe nun acto celebrado ante a casa da rúa Xelmírez, en Compostela, onde viviu os últimos coarenta anos. Un acto de homenaxe, organizado polo Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que contou coa presenza de representantes do mundo da cultura -Consello … Leer más

Sobre Siro debuxante e pintor

Aos tres anos, ao ir á cama, sabía que en canto espertase, a miña nai me levaría unha cunca de malte con pan e despois lapis de cores e papeis para que os enchese de borróns e garabatos, mentres ela facía os labores da casa. Desde entón non deixei de debuxar. Aos dez, once, doce … Leer más

Celestino Fernández de la Vega

celestino fernandez de la vega por siro

 Cando no ano 1969 lin e relín O segredo do humor sentínme deslumbrado e orgullosamente galego. Xamais tivera nas mans un estudio tan rico e rigoroso sobre unha materia que me interesaba tanto. Pouco despois empezaría a publicar os meus primeiros debuxos de humor na revista Chan, editada en Madrid e dirixida por Borobó, e … Leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies