Heroes esquecidos: A familia Rudesindo Díaz Beceiro – Benigna Corral Yáñez.

Todo cuanto escribo está impregnado del humor, o, para ser más preciso, del humorismo. Pero uno de los límites del humorismo es la tragedia, y ninguna puede serlo tanto como una guerra civil. No escribo sobre la guerra española, pero un imperativo ético me llevó al ordenador para teclear la Carta a Binucha, que abre el libro Retallos da memoria, editado en el año 2007 por varios ayuntamientos coruñeses. La repercusión mediática de esta narración superó con mucho mis previsiones e hizo posible la rehabilitación de una familia en la que todos su miembros fueron auténticos héroes morales, y lo pagaron durísimamente. 

Carta a Binucha

Querida Binucha:

Hai moitos anos que non nos vemos. A última vez foi no  83, ao pouco de quedares viúva. Daquela -¿recordas?- atopámonos en Faxardo e abrazámonos e choramos xuntas. Dixérasme que Nina, a túa filla, tiña praza de mestra nun colexio fóra de Ferrol e, andando o tempo recordei mal o dato; pensei que estaba fóra de Galicia, e metéuseme na cabeza que marcharas con ela. Por  eso cando meu irmán Pepe soubo que ía morrer
e veu a Ferrol para se reencontrar cun pasado que sempre quixera esquecer, e lamentou non poder verte, nin se me ocorreu pensar que seguías en Ferrol e que vivías a trescentos metros da miña casa. Costa entender que non volveramos coincidir, pero debe de ser a estrada de Castela que nos arreda: ti móveste na banda do que foi O Bertón, e eu na do que foi O Cabalo Branco. Pode que saiamos pouco, porque non quero pensar que xa non nos recoñezamos. En calquera caso, ao saber de ti, procurei o teu enderezo para facerche chegar esta carta, que tantas veces escribín mentalmente e que agora che envío desde a casa dos meus fillos en Fuenlabrada, na comunidade de Madrid, onde viñeron como emigrantes cando a primeira reconversión naval afectou a tantos traballadores de Astano, entre eles o meu xenro.

BinuchaPor mor da miña pouca saúde pasamos longas tempadas aquí, pero cando volvemos a Ferrol imos cada dous ou tres días a Narón para ventilar o piso que os nosos fillos teñen detrás do antigo concello, moi perto do comezo do fermoso paseo marítimo que chega ao mosteiro do Couto. Hai tempo que a penas sacamos o coche do garaxe, e esa é a viaxe máis longa que facemos conducindo meu home, e, sempre, aínda que vaiamos falando, ao chegarmos a Freixeiro e ver á dereita a pista que leva a Cornido, os ollos vánseme a ela e o pensamento lévame a aquela boa xente desa parroquia, que tanto nos axudastes en momentos tan duros.

Para continuar a lectura de Carta a Binucha escríbanos a info@siroartista.com

Deja un comentario