Escritor

Escribo porque non sempre “unha imaxe vale por mil palabras” e a plástica non me permite expresar canto desexo. Pero cando fago narrativa escribo como debuxo: aforrando liñas e palabras. O humor é unha constante na miña obra, e non me sinto cómodo fóra dos seus límites. Non son satírico; prefero a comicidade e, moito máis, o humorismo: esa creación que nos divirte e nos conmove ao mesmo tempo. Sigo nesto unha tradición galega con autores de gran talento, cos que me sinto en débeda: Castelao, Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez, Silvio Santiago, Carlos Casares…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies