La iconografía gallega de García LorcaA iconografía galega de García Lorca

caricatura garcia lorca
García Lorca, caricatura de Siro

 Aínda que o título desta comunicación aluda a toda a iconografía lorquiana realizada en Galicia, as limitacións dos meus coñecementos ao eido da plástica, fan que me refira únicamente á creada polos nosos pintores e debuxantes.

Federico García Lorca amaba o debuxo e adoitaba engadilo, da súa man, como complemento ilustrativo dun texto literario, dunha carta, ou dunha adicatoria. Non é de estrañar esa querencia en quen era pura sensibilidade, polo mundo infinito e inmediato que o debuxo nos ofrece.

José Luis Cuevas, o gran debuxante mexicano, escribía no ano 1981:

Una hoja de papel de dibujo será grandiosa o miserable. Su destino está determinado por el artista que se la lleva a su taller. Qué pena me dan todas esas hojas espléndidas mancilladas por artistas rudos y mediocres.

         Esas hojas estarán condenadas a llevar consigo una imagen deleznable y miserable. Más les valdría que un alma piadosa las destruyese echándolas al fuego.

         ¿Pero os dais cuenta de lo que sucede cuando una hoja cae en manos de un Picasso o de un Matisse o de un Ingres? Esa hoja se convierte en un mundo maravilloso de manchas y líneas. Con el tiempo envejecerá y se manchará, pero siempre tendrá a su disposición a sabios restauradores que la cuidarán y la protegerán de la luz.

         Esas hojas de papel privilegiadas contendrán para siempre un momento de inspiración de los grandes creadores, que son dioses que hacen el mundo todos los días.

 Este fermoso canto ao papel e ao debuxo, feito por un artista mexicano en España, onde naceron debuxantes xeniais como Goya ou Picasso e tantos outros de extraordinario talento, déixanos o sabor acedo do desacougo a cantos amamos o debuxo nunha terra en que tan pouco se estima.

Para continuar a lectura de A iconografía galega de García Lorca escríbanos a info@siroartista.com

Deixa un comentario