“Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo” presentación en Madrid

"Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo" presentación en Madrid

O día 26 de abril, ás 19,30 h, presentabamos na Casa de Galicia en Madrid o meu último libro “Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo”. Se digo que me sentín moi honrado de que o presentador fose Darío Villanueva, director da Real Academia Española, non estou a corresponder con cortesía á súa cortesía, … Leer más

Carta aos futuros lectores de “Castelao en el arte europeo”

Amigos, por fin rematei un dos dous libros que levei corenta anos na cabeza. Un libro sobre Castelao artista, pero con outro título para non coincidir co de Luís Seoane. Un libro de debuxante a debuxante, á altura do panel; ollando de moi preto, mesmo dende a propia experiencia, o seu traballo artístico. Titúlase Castelao … Leer más

A iconografía galega de García Lorca

caricatura garcia lorca

 Aínda que o título desta comunicación aluda a toda a iconografía lorquiana realizada en Galicia, as limitacións dos meus coñecementos ao eido da plástica, fan que me refira únicamente á creada polos nosos pintores e debuxantes. Federico García Lorca amaba o debuxo e adoitaba engadilo, da súa man, como complemento ilustrativo dun texto literario, dunha … Leer más

Celestino Fernández de la Vega

celestino fernandez de la vega por siro

 Cando no ano 1969 lin e relín O segredo do humor sentínme deslumbrado e orgullosamente galego. Xamais tivera nas mans un estudio tan rico e rigoroso sobre unha materia que me interesaba tanto. Pouco despois empezaría a publicar os meus primeiros debuxos de humor na revista Chan, editada en Madrid e dirixida por Borobó, e … Leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies