ria del burgo pintura paisaje siro

Debuxante e pintor

Aos tres anos, ao ir á cama, sabía que en canto espertase, a miña nai me levaría unha cunca de malte con pan e despois lapis de cores e papeis para que os enchese de borróns e garabatos, mentres ela facía os labores da casa. Desde entón non deixei de debuxar

Aos dez, once, doce anos, debuxaba mulleres belidas, encoiras, para os meus amigos; aos catorce facía retratos das miñas amigas; aos dezaoito decateime de que podía facer caricatura; aos vinte coñecín as Cousas da vida, de Castelao, e tracexei os primeiros debuxos de humor; aos vintecinco descubrín a Pascin, que me mostrou un camiño novo e suxerente. Deica entón sentírame atraído pola liña, pero, con Pascin como mestre, atrevinme a crebar e duplicar ou triplicar os riscos, descubrín a beleza do imperfecto, debuxei con pincel, experimentei con papeis e cartóns de distinta textura, combinei liñas e manchas…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies