Exposición Valle-Inclán

ramon_maria_del_valle_inclan

Valle Inclán, xigante de feble encarnadura Poden chegar ao cento os deseños que levo feito de don Ramón María del Valle Inclán. Uns son retratos realistas, outros rozan ou entran de cheo no eido da caricatura, outros –nos que tento reflectir o personaxe que Valle fixo de si mesmo- son visións, froito da miña fantasía. … Leer más

Retratos ao minuto: Jules Pascin

jules_pascin

Pascin_2

Hai 45 anos descubrín a Jules Pascin, un debuxante búlgaro, fillo dun xudeo sefardita e dunha serbo- italiana, que viviu a bohemia en París nos anos da Belle Epoque. Dotado dunha habilidade pouco común, debuxaba e pintaba acuarelas e pasteis a velocidade vertixinosa, conseguindo acertos imposibeis nun traballo demorado. Foi o debuxante que máis me interesou durante anos e do que máis aprendín. Sigo admirándoo igual ou máis que cando tentaba apreixar a esencia dos seus riscos, e aínda agora, de cando en cando, tírolle algún retrato ao gouache a partir dunha foto grande, que conseguín non sei cando, nin como.
Estes debuxos fíxenos a partir das fotos que aparecen nun catálogo o día que David Pintor me regalou unha pluma de debuxo Pilot, que daquela aínda non se vendía en España.
Por certo, Pascin, como Toulouse Lautrec, viviu a gran mentira dunha festa permanente entre o alcohol e o sexo, pero suicidouse en 1930, en Montmartre, cando tiña 45 anos.

Leer más