Imáxes da Transición: O golpismo ía en serio

Arrestados 23f

Os mozos ven hoxe o 23f como unha astracanada representada por pésimos actores no Congreso dos deputados. A figura de Tejero, os berros dos oficiais, os gardas civís fuxindo polas ventás, a desaparición das existencias da cafetería e do “bote” dos camareiros, todo contribuiu a converter un feito dramático nunha representación de guiñol.

Porén, o golpismo ía en serio e non desapareceu co fracaso do 23f.

Leer más

Imáxes da Transición: Os poderes do comandante Cortina

Comandante Cortina 23F

O comandante Cortina tentou tamén que Pardo Zancada non o involucrase na organización do 23f e mandoulle, a través do capitán Armada, parente lonxano do xeneral, a mesma mensaxe que enviara a Tejero pola muller: seríalle máis útil se non era condenado. Porén, a defensa dos acusados baseábase “na obediencia debida”, polo que debían demostrar que o golpe fora cousa do CESID, de Armada e do Rei. Tamén o fiscal cría na culpabilidade do comandante Cortina e no interrogatorio da mañá do 22 de marzo de 1982 levouno contra as cordas.

Leer más

Imáxes da Transición: O comandante Cortina

Comandante Cortina 23 f

Unha das conversas telefónicas gravadas por orde de Laína é a do xeneral Armada co rei para informalo do que está a pasar no Congreso secuestrado por Tejero, e cal debe ser o desenlace despois que el vaia ofrecerse aos deputados como presidente dun «Gobierno de salvación». Ante o abraio do rei, Armada argumenta: «Pero esto es de lo que hemos venido hablando, señor; esta es la ocasión de poner en práctica lo que hemos hablado». O rei, alporizado, respóndelle: «¡Cómo me puedes decir eso, Alfonso! ¡Esto no es… así no, así no!». E pasoulle o teléfono a Sabino.

Leer más

Imáxes da Transición: Armada leal ao Rei

23f generales golpe estado

O xeneral Armada esperaba que, despois de conseguir que Tejero asinase o “pacto do capó”, cos termos da rendición, enviasen un ramo de flores á súa muller  e non que o detivesen como xefe dos golpistas. O xeneral Armada ignoraba que Francisco Laína, secretario de Interior e presidente do Goberno provisional durante o secuestro do Congreso, dera orde de “pinchar” determinados teléfonos que permitiron coñecer as conversas entre os protagonistas daquela noite.

Leer más

Imáxes da Transición: Un punto escuro

23f General Armada

Días antes do 23 f o xeneral Armada insistiu na necesidade de ser recibido polo Rei. Sabino opúñase co argumento de que a axenda estaba ocupada, pero don Juan Carlos propuxo un cambio e recibiu ao xeneral o día 13. Ninguén sabe que falaron, pero cando Armada foi xuzgado como golpista  solicitou á Casa Real que, para defender a súa honra, se lle permitise comentar aquela conversa.

Leer más