Entroido, cartel e Papa

Non coñezo a Guitián, autor dos carteis do Entroido coruñés, pero felicítoo por ter unha idea orixinal e realizala con acerto. Facer catro carteis –cartaces en bo galego- para representar a dous cidadáns disfrazados de María Antonieta e Enrique VIII; outros dous de león e cocho, celebrando as festas en paz e harmonía; e outro … Leer más

Presentación do libro “Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo”

Cervantes e o humorismo academia galega

“Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo” é o título do meu último libro, un ensaio de moitas páxinas no que matinei media vida e que, por fin, puiden rematar en 2016, ao se cumprir catro séculos do pasamento de Cervantes. Coido que ao autor do Quixote lle gustaría o que digo porque, despois … Leer más

Benito Losada

Benito Losada

No ano 1997 empecei a publicar en La Voz de Galicia, con periodicidade semanal, unha serie de entrevistas a galegos e galegas coñecidos pola súa actividade profesional. Hoxe reproduzo para que o coñezades mellor a de Benito Losada.

A imaxe deste funcionario de 51 anos é o reverso da daqueloutro do “volva vostede mañá”. Lugués de nacemento, traballou sempre como animador cultural da mocidade e desde o 78 dirixe a Casa da Xuventude de Ourense.

-¿Sabe que Soledad Becerril, sendo ministra do ramo, dixo que pobre cultura se estivera en mans de políticos e de funcionarios?

-¡Ah, pois non lle faltaba razón! O que pasa é que eu non son político, nin me sinto funcionario, porque ninguén me pide que faga como funcionario as cousas que fago.

En tempo de sucedáneos vostede encírrase en ofrecer productos naturais.

-É unha cuestión de gostos. A xente que se move por esta casa tenme por algo maniático e mesmo inimigo de actividades máis comúns, como pode ser o fútbol, e véxome na necesidade de explicar que non é así, aínda que teña outras preferencias.

-¿Por exemplo?

-As actividades que organizamos na Casa da Xuventude. Con periodicidade anual, as Xornadas de Banda Deseñada -o que por outras latitudes chaman “cómic”-, que van xa pola novena convocatoria; o Outono Fotográfico, que vai pola décimo quinta; o Concurso de Contos para a Mocidade, que está na décimo cuarta. Por certo que narradores galardoados cos premios Xerais ou Torrente Ballester, déronse a coñecer neste certame. E, por non alongar a relación, a Bienal da Caricatura, que chegou á cuarta edición.

-Pero a Casa da Xuventude poucas veces fai algo soa.

-Unha característica fundamental do noso labor é que evitamos o protagonismo, implicando a outras entidades -concellos, casas da cultura, museos, asociacións, etc.-, ata trinta neste momento; de xeito que pasamos con moita satisfacción de sermos “organizadores” a “coordinadores”.

Leer más

Julio Cebrián, humorista gráfico

julio_cebrianHai que ver moitas viñetas do gran humorista gráfico que foi Julio Cebrián para coñecer, valorar e saborear as excelencias da súa obra. Digo “saborear” porque os miles de viñetas saídas do seu enxeño e da súa man son un menú longo e estreito que cómpre degustar a modo, poñendo atención na presentación e no gusto das viandas, sabiamente cociñadas. Moitos dos que non o coñecen viron algunha vez a reproducidísima portada que no ano 1966 fixo na revista La Codorniz coa caricatura de Fraga portando a flamante “Lei de Prensa” nos brazos. Julio Cebrián ten a honra de ser o primeiro en caricaturizar na prensa española a un ministro de Franco, pero no seu facer de grafista esa popular portada é só unha anécdota. Cebrián foi un debuxante orixinalísimo, expresionista e surrealista a un tempo e creador dun estilo persoal, axeitado ao seu humor entre satírico e tenro.

Leer más