Carta aos futuros lectores de “Castelao en el arte europeo”

libro_castelao

Amigos, por fin rematei un dos dous libros que levei corenta anos na cabeza. Un libro sobre Castelao artista, pero con outro título para non coincidir co de Luís Seoane. Un libro de debuxante a debuxante, á altura do panel; ollando de moi preto, mesmo dende a propia experiencia, o seu traballo artístico. Titúlase Castelao en el arte europeo, así, en castelán, en tradución do filólogo Alejandro Rodríguez Gómez, porque a Castelao hai que dalo a coñecer fóra de Galicia. Sae cun prólogo de Valeriano Bozal e unha presentación de María Victoria Carballo-Calero, editado por Duen De Bux, que son uns virgueiros. Digo que son virgueiros porque, ademais de editar moi ben, fano a moi bo prezo. O libro, con 224 páxinas e 30 ilustracións, terá un prezo de 20 euros, pero na pre venta costa 16. Vede a información en  http://www.duendebux.com

¿Por que quería facer este libro? Porque para min Castelao foi un debuxante extraordinario, un mestre a quen estudar, e estudeino, en todas e cada unha das súas facetas: caricaturista, humorista gráfico e ilustrador, no senso máis amplo do termo. Aquí analizo a súa obra viñeta a viñeta, imaxe a imaxe, cando o caso o require.

Leer más

A iconografía galega de García Lorca

caricatura garcia lorca
caricatura garcia lorca
García Lorca, caricatura de Siro

 

Introducción

 

         Aínda que o título desta comunicación aluda a toda a iconografía lorquiana realizada en Galicia, as limitacións dos meus coñecementos ao eido da plástica, fan que me refira únicamente á creada polos nosos pintores e debuxantes.

Federico García Lorca amaba o debuxo e adoitaba engadilo, da súa man, como complemento ilustrativo dun texto literario, dunha carta, ou dunha adicatoria. Non é de estrañar esa querencia en quen era pura sensibilidade, polo mundo infinito e inmediato que o debuxo nos ofrece.

Leer más