Teatro

O creador do humor gráfico galego foi Castelao, pero tería que selo Xosé María Cao Luaces, de non emigrar á Arxentina con só vintecinco anos. Cao admirou ao caricaturista anarquista Eduardo Sojo, que dirixía en Buenos Aires o xornal satírico Don Quijote, enfrontándose ao goberno do xeneral Roca e sufrindo o acoso da censura e … Leer más

Hai que confiar na esperanza

Hai que confiar na esperanza por Siro
Hai que confiar na esperanza por Siro
Hai que confiar na esperanza

INTRODUCCIÓN

Os feitos que se describen nesta obra acontecen en Bos Aires, entre os anos 1890 e 1895, e son rigorosamente certos, aínda que a estructura da mesma obrigase ó autor a cometer algún anacronismo irrelevante. É un tempo de grandes oradores parlamentarios e de cruentos enfrontamentos entre conservadores e partidarios dos movementos socialista e anarquista. O espírito libertario percorre Europa, chega a América e maniféstase tamén dun xeito belixerante en publicacións satíricas como Don Quijote. Os personaxes que a protagonizan son tamén reais, agás o Pillabán e Alberto Dolina. Os caricaturistas políticos Eduardo Sojo, Xosé María Cao e Mayol,

Leer más