Do que Cunqueiro non contou do meu señor Don Merlín

alvaro cunqueiro
Do que Cunquiero non contou do meu señor Don Merlín

Capítulo I

De volta en Miranda

Cheguei onte a Miranda, onde nacín e pasei os mellores anos da miña vida. Saín de rapaz e volvín, xa vello, polo camiño do sul; aquel mesmo camiño, á beira do río, que seguiran os máis dos viaxeiros que vin e coñecín na casa do señor don Merlín. Pasei a fraga de Eirís, tan mesta e silandeira como a lembraba; o Pontigo, coa vella ponte de madeira, que agora me pareceu máis pequena e rompediza; a carballeira das Mouras, onde -dou fe- seguen a axuntarse todos os ventos do mundo; e entrei, por fin,  na camposa de Miranda, desde onde se olla en redor a selva de Esmelle, o castelo de Belvís, a fraga da Serpe, a lagoa dos Cabos, o Vilar e o camiño real de Meira.

Estou na que fora a miña casa familiar, que hoxe habitan os meus sobriños netos. Recibíronme con cariño e curiosidade, sobre todo os máis novos, que queren saber das cidades onde vivín e das terras que andei. Visitáronme os veciños do lugar e tamén algúns de Quintás e de Ferrerías, que oíran falar de min aos vellos das súas parroquias. Si, en Miranda todo é igual; mesmo a xente, aínda que do meu tempo non quede ninguén.

Leer más

Heroes esquecidos: A familia Rudesindo Díaz Beceiro – Benigna Corral Yáñez. Carta a Binucha.

relato breve carta a binucha por siro
Heroes esquecidos por Siro

Carta Binucha

Querida Binucha:

Hai moitos anos que non nos vemos. A última vez foi no  83, ao pouco de quedares viúva. Daquela -¿recordas?- atopámonos en Faxardo e abrazámonos e choramos xuntas. Dixérasme que Nina, a túa filla, tiña praza de mestra nun colexio fóra de Ferrol e, andando o tempo recordei mal o dato; pensei que estaba fóra de Galicia, e metéuseme na cabeza que marcharas con ela. Por  eso cando meu irmán Pepe soubo que ía morrer

Leer más