Literatura infantil e xuvenil

Resúltame difícil escribir fóra dos límites do humor, concretamente desa forma de humor que deberiamos chamar “humorismo” para diferenciala da “comicidade” e da “sátira”. O humorismo diríxese á intelixencia e ao corazón do lector para non deixalo rir a gusto, para lle crear mala conciencia do riso, e trocar o riso inicial en sorriso e emoción. En clave de humor escribín numerosos contos infantís para os meus programas radiofónicos. Un deles, o titulado Boliche, foi premiado nun certame da Agrupación Cultural O Facho, de A Coruña, nos anos 70, e editado no 1982.

Leer más

Boliche

Boliche

Cando Lisardo viu aquela pelota de peluxe latexante, pensou que o gatiño era tan pequeño e tan lindo como unha das bolas de vidro coas que xogaba ao gua cos outros pícaros da aldea. Foi por iso polo que lle chamou Boliche, mentres lle daba abeiro na mornura do peito. Sentíase ledo daquela boa acción. Acontecera todo dun xeito tan afusquiñado, que mesmo semellaba un soño.

Aquel sábado, como todos os sábados do ano, don Pablo, o mestre, enchera o coche de rapaces e rapazas para levalos a pasar un día na vila. ¡Que xornada inesquecible!

Leer más