Caricatura persoal

Vexo a caricatura política e a caricatura persoal como dúas ponlas distintas dunha mesma árbore.
Velaí por que na caricatura política procurei a risa do lector, convertendo aos protagonistas de cada viñeta en monicreques cómicos; e, sen embargo, practiquei a caricatura persoal como unha forma de retrato, no que esaxero a “expresión característica” do modelo -que sempre está nos ollos e na boca- para obter unha semellanza que non podería acadar cun retrato convencional. Non esaxero máis que o imprescindible porque non me interesa facer risible a persoa caricaturizada, aínda que, por non axustarse á realidade, a caricatura sorprende, desconcerta e fai rir sempre.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies