Siro 30 anos despois

Trinta anos despois de publicar os primeiros debuxos, en 1970, na revista Chan. Con este título editei unha carpeta con 40 láminas de 30cm x 42 cm, que reproducen outros tantos orixinais feitos ao pastel, á témpera e ás ceras, entre os anos 1997 e 2000. Leva, a modo de presentación, os comentarios de catro … Leer más

18 Espidos de muller

espido_v

Con este álbum interrompín unha serie de traballos protagonizados polo humor gráfico e a caricatura. Trinta anos despois da edición, podo evocar a ilusión con que fixen cada debuxo, o seguemento da elaboración das películas na imprensa, a distribución do traballo entre douscentos amigos…  Son debuxos de mulleres de distintas idades, nos que quixen reflectir … Leer más

A iconografía galega de García Lorca

caricatura garcia lorca

 Aínda que o título desta comunicación aluda a toda a iconografía lorquiana realizada en Galicia, as limitacións dos meus coñecementos ao eido da plástica, fan que me refira únicamente á creada polos nosos pintores e debuxantes. Federico García Lorca amaba o debuxo e adoitaba engadilo, da súa man, como complemento ilustrativo dun texto literario, dunha … Leer más

Celestino Fernández de la Vega

celestino fernandez de la vega por siro

 Cando no ano 1969 lin e relín O segredo do humor sentínme deslumbrado e orgullosamente galego. Xamais tivera nas mans un estudio tan rico e rigoroso sobre unha materia que me interesaba tanto. Pouco despois empezaría a publicar os meus primeiros debuxos de humor na revista Chan, editada en Madrid e dirixida por Borobó, e … Leer más

Isaac Díaz Pardo

Os ollos de Isaac, coma os de Picasso, vían alén do horizonte artístico. Díxeno hai anos e repítoo agora: en Isaac había moito máis ca unha chispa de xenialidade, e demostrouno como pintor, deseñador, ceramista e arquitecto. Pero ademais da admiración que sentín polo artista, abraioume o Isaac, pequeno-enorme home, fiel á memoria dos que, … Leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies