2 comentarios en “Reflexión e autocrítica sobre a conferencia ¿Cervantes galego?

  1. sin embargo o q ai na prensa e q naceu en alcala de henares non digo en libros de literatura etc..en canto os lugares donde discurren moitas aventuras,teño a impresion q son da zona da Coruña e non decatalanas ou do sur. eso p. ex da ‘insua de barataria’ pareceme de cabana de pontedeume . e curioso q tergiversando ou cambiando nomes se intentan parecer a os do libro calqer pobo da mancha . a min pereceme un libro dos chamados de cego ou codel q él recopila e da forma.asi como o de avellaneda. claro non e ‘castellano’se non o galego habitual. non ai q decatarse q castela estaba practicamente chea de mouros e xudeosrecen convertidos cuia fala non eraa cristiá. en canto p de sanabria nese tempo era do reino de galiza

  2. A propósito de Cervantes…Algo da miña fornada.
    Don Quixote e Sancho polo camiño.
    Sabendo de antemán que aquelas fabas con touciño pasadas pola tixola, eran coma quebrantos sen esquecemento; Sancho e don Quixote, dispuxéronse a durmila ao raso pardo da noite, afundíndose nun profundo soño, polo que os dous á vez compartían aquela velada transportándose a unha terra norteña de xullo florido polas serras ancareñas, descritas en libros de cabalaria lidas polo fidalgo da triste figura. Onde se descifraba que polos carreiros do apóstolo Santiago, tamén se topaban con algunha fermosa dulcinea semellante á do Toboso. Pero por aquelas terras galegas, nalgunha pousada asaltábanlles os manxares das rías galegas, como vieiras, zamburiñas, polbo, bogavante e centola; destacando con asombro a tenreira loura galega, e o rico xamón dun porco celta, que sacaba o sentido. E todo isto ao asombro duns viños de Ribeira Sacra que puña a ámbolos como fóra de órbita, que se esquecían por completo o de loitar cos muíños, posto que por estes carreiros de Compostela estes eran de auga clara e cristalina adornados as súas marxes de sombríos bidueiros e chopos de altas copas, que convidaban a tomar a sesta, polo menos de dúas horas, despois dese xantar tan copioso. Mentres os seus equinos enchían a súa barriga tan alegremente polas ribeiras dun regato próximo; os seus xinetes non botaban en falla para nada as áridas terras da Mancha, cando se podía dicir que toparan sen buscalo, co cobizado paraíso terreal. Pero cando espertaron á espreita dunha concisa aciñeira, os dous suorentos e coa pel pegañenta ás súas roupas, faltos de aseo, para eles é unha decepción o espertarse ao conciso vento seco, cun rocinante esquelético e un asno infestado de moscas, que ben quixesen devoralos alí mesmo sen deixar nin migalla deles. Como que a moral se lles caía ao chan e non ía ser sinxelo recollela. De xeito que intuíndo os dous que fantasiaran co mesmo soño, pregúntanse: ¿Por que demos coincidiran naquilo? Quizais fose un sinal divino de como era o paraíso. E ante as poucas provisións que quedaban nas súas zurróns, ¿quizais estivesen próximos á morte? Ao que don Quixote dille a *Sancho.
    _Non se ti, Sancho, se che agrada este recuncho, pero eu preferise quedarme nese soño para sempre. Que ben quedase comendo aquelas frescas viandas de mar e de terra dentro. Agora ben entendo o por que o apóstolo quixo cristianizar esas terras célticas, polos bos manxares que elas albergan.
    _¡E quen non, o meu señor!- expúxolle Sancho- que entre moluscos, tenreira e xamón, mellor que o que levan os nosos zurróns; nada que ver coas faragullas de millo. E que dicir dese mencía, lixeiro pero moi saboroso, e menos cacholán que o manchego.
    _Agora comprendo moi ben aos monxes – expón o da lanza-, que se agachan en recias paredes de pedra, onde crían os seus saborosos viños para quentarse o bandullo no inverno.
    _¡E que o diga, señor! Eu ben me quedaría por un tempo -opina Sancho-, polo menos polo verán, que por aquí ímonos a quedar sen graxa nos nosos corpos.
    _A ti non debería preocuparche tanto ese detalle, posto que andas sobrado delas polo larfón que es perante todo o ano. Anda e achégame a túa cantimplora por ver se che queda algo de auga, que a miña está para facer a sopa do quente que está.
    _¡Pois non se crea meu señor! a miña estará igual de quente.
    _¡Non é igual, Sancho!, a miña figura traspásaa o sol, pero a túa é tan espesa como a pedra do norte galego, que tanto conserva a calor no inverno como o frío no verán. Nada compara a miña estreita estampa coa túa anchura, que mellor saltarche que darche a volta.
    Aquelas expresións ou opinións de don Quixote non parecían caerlle nada ben ao home de Teresa Barriga (de solteira, Cascallo), polo que expón.
    _ ¡Así que! se para algo sirve, esta estampa fai sombra, e a miña graxa rega a terra.

    Así eran aqueles os detalles
    dos tales andantes cabaleiros,
    por non ter, non tiñan nin casa
    só eran donos dos seus soños.

Deixa un comentario

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies