Puntadas sen fío: Colón, símbolo de odio

Puntadas sen fío: Colón, símbolo de odio

En New York queren quitar o monumento a Colón, erixido para conmemorar os 400 anos do Descubrimento. Unha concelleira de orixe portorriqueña, Melissa Mark-Viverito, di que Colón “llevó opresión a los nativos que poblaban el Caribe”, polo que o monumento pode ser un “símbolo de odio”. Tamén en Barcelona, no 2016, os concelleiros da CUP levaron … Leer más

Puntadas sen fío: Dereitas, esquerdas e machismo árabe

Puntadas sen fío: Dereitas, esquerdas e machismo árabe

Hai trinta anos, nunha viaxe por Bélxica, coñecín un guía turístico simpatiquísimo. Gran bebedor de cervexa e contador de infinitos chistes sobre a cutrería dos holandeses, ría tanto e tan estrondoso, que, véndoo, ninguén diría que militaba na extrema dereita; pero facíao e un día, despois dunhas xarras de cervexa negra de tan alta graduación … Leer más

Puntadas sen fío: Portaeronaves e fragatas

Puntadas sen fío: Portaeronaves e fragatas

Hai poucos días o portaeronaves Príncipe de Asturias saiu de Ferrol para ser desguazado en Turquía e centos de persoas vírono marchar, emocionadas, desde as dúas bandas da ría. O portaeronaves foi a construción máis importante das que nos anos oitenta se fixeron para modernizar a Armada española, pero non a única porque, ao mesmo … Leer más

Puntadas sen fío: Franco, aquel home

Puntadas sen fío: Franco, aquel home

Probablemente puido evitarse que a xestión das visitas ao Pazo de Meirás pasase á Fundación Francisco Franco. Durante o último goberno socialista a vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega encargou ao embaixador no Vaticano, Francisco Vázquez, que aproveitase a visita da marquesa de Villaverde á embaixada, coa Orde do Santo Sepulcro, para falarlle da … Leer más

Puntadas sen fío: Leslie Howard en Madrid

Puntadas sen fío: Leslie Howard en Madrid

De rapaz, cando toleaba polo cine e coñecía a todos os actores e actrices, aborrecía a Leslie Howard. “Traballaba” ben, pero non me gustaba a súa imaxe. Parecíame o que en castelán chamabamos “un lechuguino” e en Ferrol “un conacho”; pero as mulleres adorábano e en Hollywood levou unha vida frívola, de amorío en amorío, … Leer más

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies